A cultura preventiva, motor de resiliencia
Data do webinar:
26 abril 2021
Hora de comezo:
09:45 horas
Modalidade:
Videoconferencia
Programa
Vídeo do evento
No Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2021, a Organización Internacional do Traballo (OIT), baixo o lema «Anticiparse ás crises, prepararse e responder – investir hoxe en sistemas resilientes de seguridade e saúde no traballo», quere sensibilizar sobre os efectos do virus SARS-CoV-2 no mundo do traballo.
Para conmemorar esta data, a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), organiza esta webinar como un espazo de intercambio para recoñecer a importancia da cultura preventiva na construción da resiliencia colectiva e o valor do labor das e dos profesionais da seguridade e saúde no traballo na crise sanitaria actual.
Comentarios recientes